Pirámide poboación Idade Media
31 may 2012 Dejar un comentario
in Actividades da Aula, Traballo feito na Aula Abalar
Aquí vos deixo varios exemplos de pirámides de poboación da Idade Media.
A primeira é a máis sinxela. Aquí chaman vasallos a todas as clases baixas da poboación. Recordade que comentamos que nesta clase baixa a gran maioría da poboación dependía do seu señor (nobre ou do clero). Incluímos neste grupo a comerciantes, campesiños e artesáns:
Xa buscaches no diccionario o significado de vasallo? Anímate a comentalo nesta entrada.
A segunda é similar, pero nela lle chaman campesiños á clase baixa da poboación. Se observamos ás persoas que representan vemos que algúns deles levan ferramentas de traballo. Son os artesáns:
A terceira e última é quizais a máis diferente. Que diferenzas observades entre esta pirámide e as que fixemos na clase? Animádevos a comentar as diferenzas.
Se pinchas nas imaxes podes velas con maior calidade.
Traballos Galicia
27 may 2012 Dejar un comentario
Aquí vai unha mostra dos resultados das costumes e tradicións de Galicia:
This slideshow requires JavaScript.
Galicia
20 may 2012 Dejar un comentario
in Actividades da Aula, Traballo feito na Aula Abalar
Aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas os nenos e nenas de 5º realizamos diversos traballos sobre as tradicións galegas. Aquí vos deixamos as mostras de como traballamos e próximamente veremos os nosos resultados.
This slideshow requires JavaScript.
23 de abril ,Día del Libro
23 abr 2012 Dejar un comentario
Abre un libro, y…
ya serás cómplice de la
fantástica curiosidad que
lo llena.
Abre un libro, y…
Podrás reír o llorar,
compartir aventuras o
misterios, saborear
paisajes y…
Abre un libro, y…
Estarás en compañía.
Serás guardián de todas las palabras que lo habitan.
Los libros viven para ti.
Museo Arqueolóxico
18 abr 2012 Dejar un comentario
Esta semana todos os alumnos do terceiro ciclo estamos visitando o Museo Arqueolóxico, situado no Castelo de San Antón. Hoxe nos tocou o curso aos nenos e nenas de 5º A. Non tivemos boa sorte co tempo, pero aínda así aprendimos moito e o pasamos moi ben. Aquí vai a mostra:
IV Concurso de Contos Os Rosales 2012
18 abr 2012 Dejar un comentario
Aquí vos deixamos información sobre un concurso que nos propoñen dende a biblioteca dos Rosales:
Por mor das Festas do Barrio (último fin de semana de maio), a Asociación de Veciños organiza conxuntamente coa Biblioteca Municipal Os Rosales, a IV edición do Concurso de Contos, pensando na enorme imaxinación que os nosos pequenos poñen a traballar cando se trata de vivir aventuras con monstruos, príncipes e princesas, piratas, alieníxenas…
Poderán participar todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
Os contos serán orixinais e a data límite para a presentación dos mesmos será o luns 14 de maio. Se presentarán na Biblioteca ata as 20:30. Os traballos levarán Nome, Apelidos, Dirección, Teléfono e Idade. Os máis pequenos poderán presentar os seus contos basados en debuxos ou imaxes.
A entrega de premios se celebrará o venres 25 de maio. Haberá un primeiro premio en cada categoría e a todos os participantes se lles entregará un diploma.
Podedes acudir á Biblioteca por si necesitades unha man para darlle “o toque final” alí mesmo, todos os días, están á vosa disposición para apoiar a labor creativa (escrita ou debuxada).
Charlas enerxía
05 abr 2012 Dejar un comentario
Esta avaliación os alumnos do terceiro ciclo pudimos disfrutar dunhas charlas sobre a enerxía que completaron o que aprendimos na aula. Aquí vai unha mostra coa de 6º de E.P.
Inventos 5º E.P.
05 abr 2012 Dejar un comentario
in Actividades da Aula, Traballo feito na Aula Abalar
Esta avaliación os alumnos e alumnas de 5º de E.P. nos convertimos en inventores. Foi un traballo moi proveitoso no que nos esforzamos moito e mostramos toda a nosa creatividade. Aquí vos mostramos como foi o proceso creativo e a continuación os resultados:
Teatro – Nubes
05 abr 2012 Dejar un comentario
Nas últimas semanas de clase antes das vacacións, os alumnos do terceiro ciclo de E.P. acudimos ao teatro. Vimos Nubes, un espectáculo de danza que nos gustou moito. Ademáis, pasamos xuntos a mañá fora do colexio. Foi estupendo!








































































































































