Qué é isto do Abalar…

O proxecto ABALAR busca a adopción e integración cultural das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo. Nos docentes, deseñando un plan de formación específico para a súa habilitación no uso das TIC na práctica docente, e proporcionándolles recursos educativos dixitais para empregar nas distintas materias. Nas familias, difundindo as novas canles e soportes audiovisuais de comunicación, favorecendo o acceso aos servizos que proporciona a e-Administración.

Todo o proceso está orientado a apoiar a xestión do cambio de modelo de centro educativo tradicional ao novo centro educativo dixital, fomentando o tránsito:

• Da aula de informática á informática na aula.

• Dos actuais libros de texto aos libros dixitais.

• Da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaboradora, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva.

• Do profesor que ensina informática ao profesor que usa a informática para ensinar.

Desta forma todos os alumnos, ao completar a súa formación, deberán posuír competencia dixital.

Anuncios

1 comentario

  1. Laura Casal Fernández

    Es muy interesante además es chulisimo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: